CAMELIAS MASCOTAS

Mercado da arte

17mai11:0021:00Mercado da arteFESTIVAIS E FEIRAS | De balde11:00 - 21:00(GMT+02:00) Mercado do Calvario

Detalles do eventos

A Praza de Abastos do Calvario acollerá, a Séptima edición do Mercado da Arte, unha cita artística onde se combina a exposición das obras artisticas e venda das mesmas. Organizado, por No todo el pescado está vendido

Será o 17 de maio, Día das Letras Galegas, entre as 11h e as 21h, onde os bancais das peixeiras enchense un ano mais de obras artísticas de máis de 60 autores. Distintas disciplinas artísticas: ilustración, pintura, cerámica, fotografía e xoias son as que completan os bancais, que un ano máis se converten en escaparate de arte.

Haberá dous concertos. En horario de mañan, estara o  Paolo Pascual, o proxecto do thereminista, teclista e guistarrista vigues. E pola tarde, o grupo encargado de facer o peche desta 7ª edición será Indy Tumbita & The Voodo Bandits, banda viguesa de músicos consagrados con influencia da chicha, da cumbia sicodélica sen deixar de lado o son surf.

Tamén cabe destacar a presenza de Aroa Berjon, co seu conto “Los poderosos animales que te acompañan”, coa intención de reconectarnos coa maxia dos animais que habitan dentro de nós. 

A pintura en directo tamén terá a súa presencia, cun cadro realizado polos artistas participantes no Mercado. O  cal subastárase o final da xornada, os cartos destinaranse a protectora de animais Os biosbardos. O evento este ano adicase a toda a humanidade, por un mundo mais cheo de apertas e menos bitcoins.Todo isto acompañado dun rico xantar, a cargo do Pasito a pasito.

Máis

Hora

17 maio, 2022 11:00 - 21:00(GMT+01:00)

Localización

Mercado do Calvario

Rúa de Urzáiz, 183, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events