VIALIA
ARRIBADA

Este é un evento repetitivo

O festival Mendi Tour achega o cinema de montaña e aventura a Vigo

11feb20:00O festival Mendi Tour achega o cinema de montaña e aventura a VigoFESTIVAIS E FEIRAS| De balde20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

As mellores películas de montaña, aventura e natureza chegan a Vigo da man do Club Montañeiros Celtas. Concretamente, entre o día 11 e o 13 de febreiro, organizan a 6ª Mostra de cine de montaña e aventura: Mendi Tour Vigo 2025, proxectando varias obras premiadas no Mendi Film Bilbao Festival. O seu obxectivo é convertirse nun clásico entre a comunidade alpinista e cinéfila, un punto de encontro ideal para inspirar, soñar con novos proxectos e descubrir outras perspectivas.

As proxeccións terán lugar no Auditorio Municipal da cidade entre as 20:00 h e as 22:00 h. A maiores, o xoves 13 de febreiro, haberá unha sesión pola mañá, entre as 10:30 h e as 11:30 h, dirixida ás escolas co fin de propoñerlles unha actividade diferente e atractiva para o alumnado.

A programación completa é a seguinte:

  • Martes, 11 de febreiro: Una mirada atrás. El arte de equipar (Alfonso García, 2024) e Nuptse, l’innaccesible absolu (Hugo Clouzeau, 2023).
  • Mércores, 12 de febreiro: Red Rock Revolution (Jim Aikman, 2023), Always alive (Davina Montaz-Rosset, 2024) e Of A Lifetime (Jérome Tanon, 2024).
  • Xoves, 13 de febreiro: The Red Face Zone (Marco Tribelhorn, 2024), Connecting Tre Cime (Marcial Sommer, 2024), The Ice Builders (Francesco Clerici e Tommaso Barbaro, 2024) e Painting the Mountains (Pierre Cadot, 2024).

Programación especial da sesión escolar:

  • Xoves, 13 de febreiro: Soundscape (Timmy O’Neill, 2023), The Red Face Zone (Marco Tribelhorn, 2024), Connecting Tre Cime (Marcial Sommer, 2024) e Modo Avión (Iciar Casatmitjana eGarazi Sanchez, 2024).

Máis

Hora

11 febreiro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events