VIALIA
ARRIBADA

Melodiam 

14dec21:30Melodiam CONCERTOS | 8,00€21:30(GMT+01:00) Sala Kominsky

Detalles do eventos

Con raíces en Galicia e base en Berlín, Melodiam preséntanse en directo na Sala Kominsky de Vigo. O seu concerto as fixo gañadoras do concurso Conxefest o pasado mes de setembro, e agora regresan á cidade para estrear as súas novas cancións. Melodiam celebra a diversidade, a autoexpresión e o poder da música para unir ás persoas. Música urbana que abarca desde vibrantes festas de reguetón queer no frío inverno berlinés, ata narrativas irónicas sobre a pandemia, pasando por himnos ao empoderamento así como cancións máis experimentais. Tras xirar por Arxentina e Chile, continúan traballando en novas cancións que verán a luz a finais de ano. Un repertorio feminista, reivindicativo e empoderador, co que ofrecen unha experiencia visual e sonora cautivadora, adaptada aos tempos de cambio nos que vivimos.

Máis

Hora

14 decembro, 2024 21:30(GMT+01:00)

Localización

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events