VIALIA
Encordass Fiddle Fest

MAN A MAN: Silvia Penas e Samuel Merino

24mai20:00MAN A MAN: Silvia Penas e Samuel MerinoESPECTÁCULOS| Caixa inversa 20:00(GMT+02:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

Será un recital man a man que realizarán Silvia Penas e Samuel Merino.

Ambos acaban de editar libro, “Claustro Corda Comensal” (ed.Galaxia) de Merino por unha banda e ” Retratos de vodas, partos e funeirais” de Pena, que acaba de ser premiado co Galardón de Poesía nos Follas Novas do Libro Galego deste ano.

Este “man a man” de Silvia Penas e Samuel Merino xorde da vontade de levar a palabra falada á súa forma máis espida, de darse, de ofrecerse. O ”Man a man” non é unha competición, as palabras non batalla aquí e as voces non se levantan en armas de guerra. Máis ben, este falar é un paseo de mans dadas no que, por momentos, imponse a necesidade de camiñar en solitario e, en ocasións, a de conversar e escoitarse para que a poesía fágase a súa propia viaxe. Na fala da xente.

Máis

Hora

24 maio, 2024 20:00(GMT+02:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events