22mar20:30LÚA MOSQUETERAESPECTÁCULOS | Desde 12,60 €20:30(GMT+01:00) Teatro Salesianos

Detalles do eventos

Lúa Mosquetera é un recital de poesía onde “duran máis as presentacións dos poemas que os propios poemas” en palabras da propia Lúa. É un espectáculo que che remove por dentro, que che leva con sorprendente facilidade da risa ao pranto, que che enche o peito e faiche sentir viva.

A personalidade de Lúa en escena é irresistible e á vez próxima. A súa poesía sensible, belixerante, certeira. Ela recita o seu particular “spoken word”, unha disciplina a medio camiño entre o rap e a poesía oral, mentres Pablo acompáñaa con pezas musicais creadas para cada poema nunha simbiose emocionante. Difícil non deixarse levar e non derramar algunha bágoa, sobre todo con poemas xa tan coñecidos como Cagar coa porta aberta ou Marchate, Mina, Chicle ou o poema-canción Otto, no que Lúa recita a primeira parte e Pablo canta a segunda.

Entradas

Máis

Hora

22 marzo, 2025 20:30(GMT+01:00)

Localización

Teatro Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events