REVISTA ABRIL

01xuñ20:30'Lentamente', un espectáculo íntimo de Silvia Pérez Cruz e Juan Falú, chega ao Mar de VigoCONCERTOS | Desde 32,00 €20:30(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

O vindeiro sábado, 1 de xuño, Silvia Pérez Cruz e Juan Falú reúnense nun concerto no Mar de Vigo. Definido pola propia Silvia Pérez Cruz como “Un desexo de escoitar a Juan outra vez en directo, de propoñerlle un canto, de acompañar coa voz a súa guitarra e que ese acompañamento, claro, fose tamén de volta”, Lentamente promete ser un diálogo musical único entre a voz inconfundible de Pérez Cruz e a mestría da guitarra de Falú.

A profunda admiración e conexión artística entre ambos músicos queda patente nas palabras da artista catalana sobre esta colaboración: “Cantar con Juan é a liberdade, é a música en estado puro, non hai pensamento, é sentimento e voo. É unha verdadeira honra acompañar e sentirme acompañada por él”. Estas palabras anticipan a maxia e a emoción que o público galego poderá experimentar en directo.

Considerada unha das voces máis impresionantes dos últimos tiempos, Silvia distínguese pola súa versatilidade e unha personalidade artística que trascende xéneros. A súa capacidade para emocionar e conectar co público a consolidou como unha figura imprescindible da escena musical actual.

Tras a exitosa primeira volta por algúns dos recintos máis emblemáticos de España, Arxentina e Uruguai, chega a segunda etapa dunha xira con paradas como o Café Berlín de Madrid (28/05), o Kursaal en Donosti (28/05), o Teatro del Museo Universidad de Navarra (29/05) e Santa Maria D’Oló (08/06). Neste encontro especial, os asistentes terán a oportunidade de presenciar a maxia que xorde da complicidade artística entre estos dous grandes músicos. Lentamente invita á escoita atenta, á sensibilidade e a deixarse levar pola beleza das melodías e as letras.

ENTRADAS AQUÍ.

Máis

Hora

1 xuño, 2025 20:30(GMT+02:00)