
Detalles do eventos
A formación ourensá Lamatumbá, unha das grandes referencias da música en galego das últimas décadas, reinvéntase para sair de novo de xira este verán. Logo do
Detalles do eventos
A formación ourensá Lamatumbá, unha das grandes referencias da música en galego das últimas décadas, reinvéntase para sair de novo de xira este verán. Logo do seu regreso aos escenarios no 2023 o grupo incorporouse o pasado á carteira de artistas e espectáculos de Ainé, a produtora liderada polo actor Xosé A. Touriñán, co obxectivo consolidar o relanzamento do seu proxecto musical.
A poucas semanas do comezo da temporada de festivais, Lamatumbá presentará o seu novo directo cun concerto na sala Rebullón (Mos) o días 4 de abril, onde as seguidoras e seguidores do grupo poderán coñecer as novidades que a banda levará polos escenarios de todo o país este verán.
Entre elas un novo tema, Botando Leña, que dará título á xira e ao próximo videoclip da formación, pero tamén a nova identidade gráfica, deseñada pola artista ourensá Noa Fernández, da que xa é posible ver un adianto en www.lamatumba.gal.
As entradas para as dúas datas en Mos e Boiro están xa dispoñibles tamén nas páxinas web de Ainé e de Lamatumbá, con prezos entre os 12 e os 15 euros.
Botando Leña
O novo tema de Lamatumbá, que chegará ás principais plataformas de audio nas próximas semanas, é un berro á resistencia para continuar nun mundo que en demasiadas ocasións convida ás derrotas e á rendición. A banda insiste na letra de Botando Leña co seu chamamento habitual á festa, “á feira” e “á brincadeira”, a un xeito de vivir que xira ao redor do desfrute colectivo, “inmune á picadura do fracaso”.
Máis
Hora
4 abril, 2025 22:00(GMT+02:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
- Mes actual
abril, 2025