21mar22:00'Laboratorio sonoro'CONCERTOS | Desde 10,00 €22:00(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

A Rebullón acolle a estrea de Laboratorio sonoro, o novo espectáculo de Sheila Patricia. O regreso da artista aos escenarios cunha proposta renovada que promete sorprender ao público coa súa mestura única de folk, fado, jazz e ritmos contemporáneos.

A voz de Sheila Patricia, máis que un instrumento, é o eixo central da súa obra cunha interpretación elegante e moi persoal. Convértese así nunha ferramenta emocional que conecta directamente co público.

Con “Laboratorio sonoro”, a artista retoma a experimentación musical como eixo central da súa proposta, recupera a improvisación, explorando posibilidades con loopers, voz, pandeireta e guitarra. Esta nova etapa creativa chega tras a súa recente maternidade, experiencia que transformou a súa perspectiva artística e persoal. A cantante ve neste regreso aos escenarios unha oportunidade para reivindicar a súa profesión como muller artista, reforzando así o seu compromiso co empoderamento feminino.

ENTRADAS AQUÍ

Máis

Hora

21 marzo, 2025 22:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events