BANNER GALAXIA

15mai19:30Presentación de 'Voy a matarte esta noche: la ruidosa y acelerada historia de Killer Barbies'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

Killer Barbies é unha das bandas viguesas máis relevantes e con maior proxección internacional dos últimos trinta anos. O escritor Luis León Luri encargouse de plasmar a súa vibrante traxectoria nas páxinas de Voy a matarte esta noche: la ruidosa y acelerada historia de Killer Barbies (Applehead Team), un libro de 332 páxinas sobre a historia da banda. Na presentación deste xoves ás 19:30 en Galería Maraca estarán presentes o autor e os membros da banda. Ademais, Killer Barbies vén de sacar un novo disco, El pop se autodestruirá en 4, 3, 2, 1

Sinopse

Inspirados polos Ramones, lograron tocar no seu templo punk: o CBGB de Nova York. Apaixonados das películas de terror, protagonizaron dous filmes de serie B ás ordes do director máis recoñecido do cinema de xénero en España, Jess Franco. Desde un pequeno apartamento en Vigo reconvertido en oficina, ata o escenario principal de festivais en Xapón e Alemaña, a historia de Killer Barbies é unha vertixinosa carreira nada nas marxes do movemento indie dos anos 90, repleta de momentos sorprendentes e asombrosos. Furgonetas descacharradas, subidones, bajones, motoserras e pratos volantes mestúranse nunha aventura de xoguete e plástico salpicada por sangue e vísceras. Ten coidado se decides continuar con esta historia! As bonecas asasinas están aquí para acabar contigo!

Coa colaboración estelar de Silvia Superstar e Billy King · Mario Vaquerizo · Alaska · Doutor Gonzo · Valeria Veigas · Carlos Galán · Jesús Ordovás · Santiago Segura · Superbingo · Álex Mendíbil · Tomás Cimadevilla · Piluca Baquero · Óscar Sanz · Angie Barea · Bogdan Kopec · Kike Sarasola como Drácula.

Máis

Hora

15 maio, 2025 19:30(GMT+02:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events