VIALIA
Encordass Fiddle Fest

JOZEF VAN WISSEM

30xuñ20:30JOZEF VAN WISSEMCONCERTOS | Desde 12,00€20:30(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

Jozef van Wissem, considerado un dos mellores laudistas do mundo, visitará a nosa cidade o domingo 30 de Xuño.
Vigo será a última parada no noso país da xira de presentación do seu último traballo “The Night Dwells in the Day”, despois de visitar Barcelona e Madrid.

En 2013 Jozef Van Wissem foi premiado no Festival de Cannes pola banda sonora do filme de culto de Jim Jarmusch “Only Lovers Left Alive”.
A alianza Jarmusch – van Wissem remóntase a dous discos que sacaron xuntos en 2012: “Concerning the Entrance into Eternity” e “The Mystery of Heaven”.
A cativadora música de “Only Lovers Left Alive”, perpetrada a medias entre van Wissem e a banda SQÜRL (Jim Jarmusch, Carter Logan e Shane Stoneback), tamén inclúe colaboracións de Zola Jesus, Yasmin Hamdan e Madeline Follin (da banda Cults).
O disco non tardou en esgotarse e, xa convertido en obra de culto, Sacred Bones decidiu reeditalo a mediados de 2021.

En Vigo, o músico afincado en Brooklyn fará un repaso da súa dilatada carreira, centrándose no seu novo disco (fantasticamente recibido por crítica e público) pero sen esquecer os seus grandes clásicos, todo iso nun ambiente íntimo e cerimonial.

Máis