VIALIA
HEAVY LUNGS

Este é un evento repetitivo

Jambalaya Wknd

25out21:3022:30Jambalaya WkndFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 10,00€21:30 - 22:30(GMT+02:00) A Casa de Arriba

Detalles do eventos

Un dos locais máis senlleiros da nosa cidade, A Casa de Arriba, fai 25 anos este mes de outubro. Para celebralo, a maiores das jams de jazz e blues e demais concertos nas fins de semana, organizan un pequeno festival de folk americano e blues os días 25 e 26 baixo o nome deste saboroso prato típico da cociña cajún: Jambalaya Wknd. Unha atractiva proposta de artistas locais, galegos e estatais que beben da música de raíz norteamericana.

Venres 25
21:30 – Sanny e Double M
22:30 – Néstor Pardo

Sábado 26
21:30 – The Blues Moonshiners
22:30 – Félix Slim

Abono catro concertos: 15 €
Entrada diaria: 10 €

Poder reservar a túa entrada ou abono no propio local ou enviando unha mensaxe privada á súa conta de Instagram.

Máis

Hora

25 outubro, 2024 21:30 - 22:30(GMT+02:00)

Localización

A Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events