
Detalles do eventos
O último domingo de cada mes, a artista viguesa Constance Hurlé dinamiza unhas jam sessions poéticas na Sala Kominsky, con artistas de toda Galicia. A medio camiño entre o teatral e o
Detalles do eventos
O último domingo de cada mes, a artista viguesa Constance Hurlé dinamiza unhas jam sessions poéticas na Sala Kominsky, con artistas de toda Galicia. A medio camiño entre o teatral e o lírico, estas sesións contan cunha apertura por parte dun poeta convidado, seguida dun micro aberto onde as persoas asistentes poden subir ao escenario para ler textos propios, improvisar e xogar coas palabras.
Este 31 de xullo, o poeta cariñés Paulo Maestro e a propia Hurlé, presentan o espectáculo de poesía escénica Volátil; unha proposta híbrida en que performance, poesía e música camiñan da man. Desde a organización avísannos: «Desfrutaredes da conexión entre dous amigos que viven por e para a arte. Constance Hurlé e Paulo Maestro levan as conciencias a gozar dun intre que, aínda que sexa efémero, perdurará na memoria». A base das metáforas, aliteracións e hipérboles a resoar entre as paredes da sala; acompañadas, por suposto, dunha copa. É cousa segura que este plan resulta refrescante no verán vigués.
Como din no número tres da rúa dos Irmandiños: «pode haber baile, charla, concerto, kombucha, recital, terraza, vermú, whisky… pero sempre estamos».
Máis
Hora
31 xullo, 2022 21:00(GMT+02:00)
Localización
Sala Kominsky
Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual