Underfest Bites: Jack Broadbent
12out21:00Underfest Bites: Jack BroadbentCONCERTOS | Desde 17,00€21:00(GMT+02:00) Radar Estudios
Detalles do eventos
The Guardian dicía en 2018: “Cada certo tempo no lendario Festival de Montreux nace unha estrela. O ano pasado tocoulle a Jack Broadbent”.
Detalles do eventos
The Guardian dicía en 2018: “Cada certo tempo no lendario Festival de Montreux nace unha estrela. O ano pasado tocoulle a Jack Broadbent”.
O propio Festival de Jazz de Montreux definiuno como “o novo mestre da slide guitar”, Bootsy Collins describiuno como “The real thang” (algo que é absolutamente xenuíno ou auténtico), iconas como Ronnie Wood, Peter Frampton ou Johnny Hallyday destacaron o seu carisma, calidade e forma de tocar a guitarra e Lynyrd Skynyrd simplemente cualificábano como “badass” (incrible, impresionante).
Con semellantes afagos e vendo de quen vén podédesvos facer unha idea da calidade deste músico. Non é un cantante ou compositor calquera, nuns anos pasou de tocar nas rúas de varias cidades europeas a actuar nos principais escenarios do planeta.
A pesar de ser natural de Lincolnshire, na Inglaterra rural, canta coma se criouse nos mismísimos pantanos do Delta do Mississippi. Creceu oíndo a clásicos como Robert Johnson, Neil Young, John Lee Hooker ou Joni Mitchell, que o influíron para crear esa particular forma de escribir cancións, cantalas e tocalas.
Nun principio chama a atención pola súa peculiar técnica ao tocar, sacando eses sons da súa guitarra usando unha petaca de whisky baleira, pero pronto te dás conta de que Jack Broadbent é moito máis… A súa capacidade de comunicar, a súa forma de transmitir, a súa enerxía e a súa actitude é tan auténtica que non é que elixise ser un bluesman, é que naceu para selo.
Con ese talento innato e o seu prodixioso dominio da guitarra, en cada unha das súas actuacións foise forxando unha base de fans que foi crecendo exponencialmente. En pouco tempo pasou de tocar nas rúas de varias cidades europeas (con vídeos que rapidamente se fixeron virales) a ser reclamado para actuar en importantes festivais de América, Europa, Xapón e Australia. A Jack Broadbent bástalle coa súa voz e a súa guitarra (á que chama Marilyn) para incendiar calquera escenario.
En 2024, con 6 discos ás súas costas, concertos con entradas esgotadas por medio mundo e unha reputación crecendo día a día, o músico británico chega por fin a Vigo para que podamos ver de primeira man esa “experiencia musical” da que fala a prensa especializada.
Entrada normal: 17 €
Entrada con abono do Underfest: 9 €
Máis
Hora
12 outubro, 2024 21:00(GMT+01:00)
Localización
Radar Estudios
Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra