Detalles do eventos
@Otraputacuentadedibujos non é mais unha conta en redes sociais na cal a súa autora, Sarai, comezou a publicar en 2020 cando tivo a necesidade de
Detalles do eventos
@Otraputacuentadedibujos non é mais unha conta en redes sociais na cal a súa autora, Sarai, comezou a publicar en 2020 cando tivo a necesidade de mostrar ao mundo os debuxos que ata ese momento facía para ela mesma e para liberar a ansiedade. Agora, catro anos despois e con mais de 50K followers, @Otraputacuentadedibujos chega por primeira vez a Galicia cunha expo moi persoal e cun libro recentemente editado na colección, dirixida por Javirroyo, “Un elefante na sala” do editorial Século XXI. Esta publicación titulada “A música segundo @otraputacuentadedibujos” é unha colección de viñetas que narran unha historia da música moi particular e intensa; repleta de sarcasmo e das emocións máis honestas e brutas. É un libro que desborda beleza e nel atopamos os momentos máis icónicos da historia musical. Sarai traza un pentagrama no que ecoan os temas máis importantes das nosas vidas. Un libro que nos leva a territorios polos que transitamos e onde o debuxo xoga cos sentimentos para construír o ambiente emocional da música, os seus protagonistas e os seus oíntes.
De luns a sábado: 11:30–14:00, 17:00–20:30
Máis
Hora
27 febreiro, 2025 11:30 - 29 marzo, 2025 20:30(GMT+01:00)
Localización
Galería Maraca
Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra