
Detalles do eventos
Vigo convértese novamente no punto de mira para os amantes da creatividade coa chegada da terceira edición do Festival Creativa, que se celebrará os días 25 e 26
Detalles do eventos
Vigo convértese novamente no punto de mira para os amantes da creatividade coa chegada da terceira edición do Festival Creativa, que se celebrará os días 25 e 26 de abril. Organizado por Chachachá Studio, a través do seu proxecto Galería Maraca, foi recoñecido o pasado ano co Premio Paraugas ao Mellor evento cultural de Galicia.
Nesta terceira edición, Festival Creativa contará con máis de 30 artistas convitados, ademais dun Mercado Gráfico con preto de 50 autores. Ademais, expande os seus escenarios dada a gran acollida das actividades en pasadas edicións. A Galería Maraca, a Praza do Pobo Gallego (diante do COAG) e o hall do emblemático Cinema Vigo serán os puntos onde se desenvolverán as diversas actividades programadas.
Durante dous días poderemos desfrutar de ilustradores, artistas, creativos, músicos, diseñadores e creadores, entre eles: o deseñador Javier Jaén, a ilustradora Genie Espinosa, o ilustrador Javirroyo, a influencer Le Petite Patito, a xornalista Raquel Peláez, a ilustradora María Gómez ou o Premio Nacional de Deseño Mario Eskenazi.
Venres 25
18:30 h no antigo Cine Vigo – Contacontos Bob del revés
19:30 h na Galería Maraca – Charla de Genie Espinosa
20:30 h na Galería Maraca – Concerto de Belish + Iseefaces
Sábado 26
11:00 a 14:00 h Intervencións en directo de artistas en diferentes comercios do barrio: Agustina Shuan en Srta. B; Nuvi & Éxfico en Rayo Verde; Sandra Lodi en Flamingos Vintage Kilo; e Roberto Argüelles en Discos Elepé.
11:00 h en Kame Comics – Taller de creatividade para público infantil, impartido por Cristina Sardá. Precisa inscrición aquí.
11:00h na Galería Maraca – Charla con Brosmind
11:15 h na Praza COAG – DJ Quereizaeta
11:30 a 19:30 h na praza COAG – Mercado gráfico de ilustración e autoedición
11:45 h no antigo Cine Vigo – Charla de María Gómez
12:00 h na Galería Maraca – Charla con Up & up /Lucía Zapata
13:00 h no antigo Cine Vigo – Espectáculo de Marinita y sus Maromas
13:15 h na Galería Maraca – Charla de Le Petit Patito
13:45 h na praza COAG – Concerto de Visera
14:15 h na praza COAG – DJ Sofiestas
15:30 h na Galería Maraca – Charlas Maraca
16:15 h no antigo Cine Vigo – Charla de Mario Eskenazi
16:30 h na praza COAG – DJ Rapante
17:15 h no antigo Cine Vigo -Concerto de Manu G. Sanz
18:00 h na Galería Maraca – Charla de AR/DE
18:15 h no antigo Cine Vigo – Mesa de arquitectura
18:30 h na praza COAG – Concerto de Nutrias
19:15 h no antigo Cine Vigo – Presentación do libro de Raquel Peláez
19:00 h na Galería Maraca – Charla de Diego Feijóo
19:30 h na praza COAG – DJ
20:00 h h na Galería Maraca – Charla de Javirroyo vs. Javier Jaén, los otros Javis
Máis
Hora
25 abril, 2025 18:30 - 26 abril, 2025 20:30(GMT+02:00)
Localización
Galería Maraca
Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual