CAMELIAS MASCOTAS

Vigocultura: IGUALDADE, ONDE ESTÁS?

10mar18:00Vigocultura: IGUALDADE, ONDE ESTÁS?PEQUERRECHOS | 5,00€18:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

A Maga Fani

A protagonista desta historia nace un 8 de Marzo de 1975. Considerando este feito a súa nai un claro sinal dunha misión, decide chamala Esperanza…“Esperanza Marzal”. “Esperanza Marzal” traerá a igualdade: ela desexa que no século XXI as mulleres poidan ir tranquilas pola rúa, acadar os mesmos postos de traballo que calquera persoa, e pregúntase por que en moitas entrevistas nos medios de comunicación ás mulleres se lles pregunta polo seu físico, no canto de facelo pola súa actividade, a conciliación da vida laboral e familiar, a finalización de todo tipo de violencia de xénero, abusos etc. Deste xeito, e a pesar de todas as celebracións do “Día da Muller”, segue sen palpar a “Igualdade”, por iso irá na súa procura, utilizando a maxia e o humor. Cumprirá a súa misión?…atopará a igualdade?…onde estás, igualdade?,…u-la igualdade? Espectáculo cheo de ilusións con cordas, cartas,…moito humor e participación do público, para tentar expor non só as desigualdades cotiás e históricas, senón tamén a importancia de erradicalas traballando nos ámbitos da educación e a cultura.

Máis

Hora

10 marzo, 2024 18:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events