
Detalles do eventos
Hai xusto un ano, abría as súas portas Molotov, a sala que veu a descorchar a palabra re-evolución no mundo da noite viguesa. Despois de só 365 días
Detalles do eventos
Hai xusto un ano, abría as súas portas Molotov, a sala que veu a descorchar a palabra re-evolución no mundo da noite viguesa. Despois de só 365 días Molotov xa pertence ao imaxinario da noite, a cultura e a música viguesa, converténdose nunha realidade para a nova onda do clubbing e a cultura musical nacional, presentándose como unha das salas mais alternativas do panorama, atraendo propostas como Overdose Club (un dos clubs de música urbana mais importantes de Galicia), Peligro Club (un dos clubs de tecnho mais en forma de Galicia), Neo2k (festa alternativa relacionada co mundo LGTBI+ e o mundo queer que se converteu nunha referencia na cidade) ou propostas máis extremas como Anesthesia (relacionada coa música Hardbass do leste europeo e o mundo rave) ou levando por alí a nomes propios da música urbana como Jarfaiter, Leiti Sene, Gloosito, El Virtual, Cecilio G, Faxu, Ben Yart, Chill Mafia, La Brava, Anita B Queen…
Un ano moi movido que a Kaixo, Paulo Ruiz e Luis Meijide, valeulles para consagrarse como un dos clubs con mais variedade e gusto na súa programación, moi enfocados ao mundo da música urbana, a vangarda electrónica e en menor medida do punk e do rock, de onde este ano tamén queren converterse en referencia para esas xiras de furgoneta interminables.
Para celebralo este 11 de Marzo desde as 16:30H ata as 4:30H haberá dous eventos para nocturnos e diúrnos. De 16:30H a 21:30H A FEIRA, un mercado de roupa de segunda man, moda vintage, autoedición, música e marcas galegas, todo iso amenizado pola súa terraza e portas abertas para todo o mundo.
A partir das 22:30H e ata as 4:30H unha ristra dos mellores DJs da cidade de todos os ámbitos pasaranse polos controis de Molotov, coa actuación especial de NUSAR3000 (Madrid), produtor madrileño que eclipsou todas as pistas de baile do mundo co seu remix de “DESPECHÁ” de Rosalia, que lle valeu para que a mismísima Rosalia o chegue a contratar para ser a canción bandeira da última colección de Louis Vuitton presentada pola marca en París. Todo iso acompañado pola invitación dunha copa de benvida por parte da sala entre as 22:30H e as 00H. A música estará ata a hora de peche e pasarán por alí FonKid, Yung Voidy, Kaixo, Benelli´S DJs, Easy Exit e Zero Delay.
Máis
Hora
11 marzo, 2023 16:30 - 23:59(GMT+01:00)
Localización
Molotov
Travesía Santiago de Vigo, 1, 36201 Vigo, PO