
14set19:00HoneylandACTIVIDADES PARA O COCO | 2,00€19:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello
Detalles do eventos
O vindeiro luns día 14, o Cineclub Lumiere ten a dobre sesión do mes: Inician a súa colaboración mensual coa Universidade de Vigo. Nesta ocasión
Detalles do eventos
O vindeiro luns día 14, o Cineclub Lumiere ten a dobre sesión do mes:
Inician a súa colaboración mensual coa Universidade de Vigo. Nesta ocasión proxectarán o documental “Honeyland” de Tamara Kotevska e Ljubomir Stefanov. A sesión será o vindeiro luns 14 de setembro, ás 19:00h, no Auditorio Municipal de Vigo na praza do Rei.
Acceso gratuito para a xente da comunidade universitaria de Vigo e as persoas asociadas ao cine club. 2 euros para o resto do público.
2019: Festival de Sundance: Premio do Xurado – Documental (World) + 2 premios
2019: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor documental
SINOPSE
Documental sobre la derradeira muller recolectora de mel en Europa; Hatidze, é unha muller na cincuentena que vive nunha pequena vila en Macedonia, e cría colonias de abellas nuns cestos feitos a man que deixa agochados entre as rochas.
Ao remate, teñen a sesión do Cineclube con “Sobre o infinito”, de Roy Andersson. Luns 14 de setembro, ás 20:30h, no Auditorio Municipal de Vigo, na praza do Rei.
Máis
Hora
14 setembro, 2020 19:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra