GFFF
GFFF

Hippie Fest

31ago18:30Hippie FestFESTIVAIS E FEIRAS | De balde 18:30(GMT+02:00) CC Travesía de Vigo

Detalles do eventos

O Centro Comercial Travesía organiza unha nova acción de dinamización que terá lugar o día 31 de agosto a partir das 18:30 h na segunda planta. O equipo de xerencia organiza unha Festa Hippie inspirada na película “Mamma Mia” para celebrar a fin do verán con todas as familias que queiran achegarse ao Centro Comercial.

Terán exhibicións de danza da man de 2 escolas do barrio de Teis, Star Danza e Danzarinas, e de música en directo coa actuación do dúo Bela & Charlo (@belacharlo). Ademais, organizarán taller para facer coroas e adornos, de temática flower power para nenos e adultos, e un pintacaras temático, no que se sortearán entradas de cinema para todos os membros de tres familias. Así mesmo contarán con dous photocalls acordes á temática da festa (un na planta alta e o outro na planta baixa).

Máis

Hora

31 agosto, 2024 18:30(GMT+02:00)

Localización

CC Travesía de Vigo

Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events