10abr22:00 High Paw concertos | desde 10,00 €22:00(GMT+02:00) Sala Rebullón
Detalles do eventos
O venres 10, ás 22 h, a viguesa High Paw aterra na Rebullón con banda para un directo moi especial, nova música e os clásicos de sempre. O
Detalles do eventos
O venres 10, ás 22 h, a viguesa High Paw aterra na Rebullón con banda para un directo moi especial, nova música e os clásicos de sempre.
O amplo universo sonoro desta destacada singjay viguesa resoará na Rebullón este venres. High Paw presentará en directo novos temas xunto aos clásicos de sempre e vai facelo acompañada por una banda de músicos de talento e traxectoria: Zalo ás teclas (Lontras, Abril, DA Trio), Decsus na batería (Daydream Sessions, Terrae), Laura Mercy nos coros (Dakidarría), Brais Iriarte no baixo (LeBarLuthier, Compañía Limiar) e Javier Vicalo como mestre de dub.
A través das súas líricas en galego e patwa (o criolo xamaiquino), a artista dispara a súa habitual ironía para falar das eivas do sistema ou da nosa forma de comunicarnos. High Paw comezou moi nova a súa andaina musical en bandas de punk rock e formou parte de proxectos variados da escena viguesa.
High Paw amosará todas súas facetas musicais, desde o reggae ao rub-a-dub e o hip hop, nun directo cheo de lírica e enerxía que remove ao público por dentro e por fóra. O concerto, este venres 10, ás 22 horas, con entradas desde 10 euros en anticipada (12 na billeteira), á venda na cantina do CSCD As Pedriñas e no local “El bar”, na praza do Colexio de Arquitectos de Vigo.
Hora
10 abril, 2026 22:00(GMT+02:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain


