VIALIA
ARRIBADA

Guadi Galego, Ardentía e Os Carunchos participan nun concerto solidario a favor da Fundación Stop Leucemia

07feb20:00Guadi Galego, Ardentía e Os Carunchos participan nun concerto solidario a favor da Fundación Stop LeucemiaCONCERTOS | Desde 10,00 €20:00(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

O venres 7 de febreiro celébrase no Teatro García Barbón o 8º Concerto Solidario organizado por Suevia Gestión de Riesgos y Seguros, que retoma unha iniciativa que comezou en 2012 como S4 Correduría de Seguros. Unha vez máis, esta empresa socialmente responsable aposta por apoiar causas de grande impacto social, e neste caso, a loita contra o cancro.

Nesta nova edición do concerto, contaremos cun cartel de artistas e grupos galegos que representan a alma de Galicia: ArdentíaOs Carunchos e Guadi Galego serán as voces e sons que darán forma a este evento solidario, cuxo principal obxectivo é recadar fondos a favor da Fundación Stop Leucemia, na súa loita contra o cancro hematolóxico.

As entradas para este evento solidario xa están dispoñibles, e podes mercalas na seguinte ligazón: Compra as túas entradas aquí

Máis

Hora

7 febreiro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events