CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Galician Freaky Film Festival

25set(set 25)11:0028(set 28)23:00Galician Freaky Film FestivalFESTIVAIS E FEIRAS | Varios prezos11:00 - 23:00 (28)(GMT+02:00) Plaza Elíptica

Detalles do eventos

O maior evento cinematográfico do ano en Vigo, o GFFF, celébrase na Plaza Elíptica entre o 20 e o 28 de setembro. O festival internacional de cine freak e fantástico volve por oitavo ano cunha abraiante selección de curtametraxes, actividades paralelas e un ambiente único, que fan que a experiencia do festival se expanda alén do cinematográfico.

Este ano, o festival rende homenaxe a Terminator e A Nightmare in Elm Street, ambas foron proxectadas durante a inauguración do festival o pasado venres 20 de setembro.

Neste artigo fixemos un resumo coas nove actividades imprescindibles desta edición

As entradas están dispoñibles na web do festival.

Horarios segunda semana do Galician Freaky Film Festival

Xoves 26 

11:00 h – A que andas, Freak? Coñeceremos tres proxectos galegos en fase de produción da man dos seus produtores: ‘Lucus’ do animador David Fidalgo; ‘Merlo Branco’, de Al Díaz e ‘Arghasso’,de Diego López Curros.

18:00 h -Bloque de curtas seleccionadas polo festival convidado: NIFFF – Neuchâtel International Fantastic Film Festival, de Suiza.

20:00 h – Bloque de curtas: Co Cu Torcido

22:00 h – Bloque de curtas: Arrepío

Venres 27

11:00 h – Obradoiro de guión de terror Con “S” de Sangue. O director e guionista Raúl Cerezo e o guionista e programador cultural Javier Trigales, autores de filmes como Viejos, La Pasajera, Eco ou El Semblante imparten un obradoiro en dúas xornadas onde se diseccionará o traballo de escritura dun guión de xénero nas súas distintas fases. O curso tamén inclúe titorías orientadas a directores e guionistas que teñan unha idea ou guión de curta ou longametraxe. Inscrición.

11:00 h –  Mesa Vigo Film Office: Irmandades do Norte: Un encontro único que reunirá a representantes de festivais de fantasía e terror da Galiza, Catalunya e Euskadi. Participan B-RETINA (Catalunya), FANTBOI (Catalunya),  Festival Internacional de Cortos y Videoclips Caostica (Euskadi),  FANT Bilbao, PANIC (Galiza) e  FanCine de Lemos (Galiza). Máis información.

16:00 h  a 21:00 h – Feira Fantástica e Freak de Galicia 

17:00 h – Proxección da Seleccióndos festivais das Irmandades do Norte

19:00 h – Bloque curtas: Co Cu Torcido Vol. 2

21:00 h – Bloque curtas: Que Carallo É Isto?! Vol 1

23:00 – Sesión Onanista. Filme bizarro sorpresa!

Sábado 28

11:00 h  a 21:00 h – Feira Fantástica e Freak de Galicia 

16:00 – Bloque de curtas: Humor Freak Vol 2

20:00 – Poxa Benéfica a favor dos Ninguéns

21:00 h – Bloque curtas: Que Carallo É Isto?! Vol 2

21:30 – CLAUSURA: Entrega de premios + Proxección de Terminator 2: Judgment Day

Entradas

As entradas para as proxeccións nos Cines Tamberlick están dispoñibles na web do Galician Freaky Film Festival, tanto por sesións soltas, cun prezo de 6,00 €; como o abono VIF – Very Important Freak -, que dá acceso a todas as proxeccións do festival, por 55,00 €.

O acceso ás actividades paralelas na Sala Apo’strophe é gratuíto, agás o obradoiro de efectos especiais do Pequefreak. A sala tamén albergará a barra de bebidas do festival e a exposición Reimaxinando os 80’s: Freddy VS Terminator.

Máis

Hora

25 setembro, 2024 11:00 - 28 setembro, 2024 23:00(GMT+01:00)

Localización

Plaza Elíptica

Praza Francisco Fernández del Riego, s/n, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events