CAMELIAS NADAL

G-Night: Luthieria electrónica e experimental

24set19:30G-Night: Luthieria electrónica e experimentalACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

A G-Night levará a ciencia a rúas, museos, praias e bares. No ano do seu décimo aniversario, a Noite europea das persoas investigadoras regresará este outono a Galicia con folgos renovados, da man dunha decena de universidades, centros e institutos de investigación, coordinados pola UVigo. Coa creatividadee a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, e baixo o lema Conciencias creativas.

Luthieria electrónica e experimental é unha mostra e práctica de instrumentos deseñados e construídos por Honorino García na que ofrecerá un percorrido pola luthería contemporánea a través de instrumentos novos creados a través de obxectos cotiáns e últimas tecnoloxías levadas á música. Estes entes sonoros parten da descontextualización dun obxecto dentro da obra de arte. Obxectos que cun sentido e significado claro, pasan a ser vestidos pola obra de arte e o seu contexto cun significado completamente diferente.

A democratización das novas tecnoloxías e os materiais de última xeración, hoxe máis que nunca nos permiten converter case calquera obxecto en algo totalmente diferente para o que foi deseñado na súa orixe.

Este percorrido busca mostrar as posibilidades sonoras, técnicas e filosofía que se esconde tras estas propostas.

60 prazas dispoñibles, reserva a túa aquí.

Máis

Hora

24 setembro, 2021 19:30(GMT+01:00)