CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

G-Night

27set17:4522:00G-NightFESTIVAIS E FEIRAS | De balde17:45 - 22:00(GMT+02:00)

Detalles do eventos

Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night) celebrará o vindeiro día 27 de setembro a súa cuarta edición con máis dun cento de actividades de divulgación en rúas, parques, bares e museos de moitas cidades de Galicia. En Vigo as actividades celebrarasen no Edificio Redeiras, a biblioteca Xosé Neira Vilas e o Museo Marco. 

Consulta aquí a programación completa.

O edificio Redeiras, na praza do Berbés, será o epicentro da G-Night en Vigo, espallándose as actividades tamén á biblioteca Xosé Neira Vilas e ao Museo Marco. Entre as 17.45 e as 22.00 horas desenvolverase en Redeiras, coa colaboración do Concello de Vigo, unha gran feira científica con máis de 20 postos e que conta coa colaboración do Concello de Vigo. As persoas asistentes atoparán unha morea de actividades gratuítas que lle permitirán, da man de investigadores e investigadoras da UVigo e a través de amenos experimentos, achegarse ao universo, aos materiais, a acuicultura, a intelixencia artificial, monitorización de aves mariñas, o tratamento das augas, agroecoloxía, comunicacións dixitais, nanopartículas plasmónicas ou ciencia económica. 

En paralelo á feira científica, entre as 18:00 e as 22:00, desenvolverase outras actividades como un espectáculo de danza, A conectividade que nos move, no que a través do baile contemporáneo, o grupo Future Oceans Lab do CIM, amosará os mecanismos que sosteñen a conectividade ecolóxica e os desafíos as que se enfronta por causa da intervención humana. Pola súa banda, o docente e investigador Gianluca Marino (Geoma-CIM) ofrecerá unha charla titulada Como se vía o planeta durante as idades do xeo e o docente Jorge Vila Biglieri (Departamento de Economía Financeira de Contabilidade) impartirá o obradoiro En busca da felicidade financeira e a xubilación anticipadaPoden as matemáticas predicir unha epidemia en plantas? a cargo de Carlos Meniño e Noelia Bazarra (CITMAga); Son os insectos a alimentación do futuro? por Nuno Muñoz (Grupo BiotecnIA); E ti que sabes das Illas Atlánticas? con Andreu Blanco (CIM) e Que ten que ver Darwin co cancro? a cargo de David Posada (CINBIO), son os relatorios que completan o programa de actividades que rematará cun concerto de Pärbo Duet, formado por Anxo Pintos e Begoña Riobó.

Pola súa banda, a terraza da biblioteca Neira Vilas acollerá entre as 19.30 e as 21.00 horas a charla científica Na procura da potencia perdida: a España solar que non foi con Ana Larrañaga, do Grupo de Investigación de Tecnoloxía Enerxética (GTE) e Juan Jesús Rico, do Laboratory of Transport Processes da TU Dortmund e colaborador do GTE do Cintecx, na que abordarán, tanto os éxitos, como os desafíos, que enfrontou España neste campo. Mentres, no espazo anexo ao Marco, entre as 17 e as 21 horas, persoal investigador e técnico do Centro Oceanográfico de Vigo compartirá o seu traballo coa sociedade a través de talleres científicos, poñendo o foco no labor de asesoramento científico que realiza para diferentes administracións. 

As actividades da G-Night en Vigo complétanse cun paseo científico a bordo da embarcación Nautilius organizado polo Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC). O público de tódalas idades poderá descubrir a diversidade mariña do fondo da Ría gracias ao robot que leva o barco. É preciso reservar praza en noiteinvestigadores@iim.csic.es indicando idade, nome e DNI. Así mesmo, os días previos á celebración da G-Night desenvolveranse relatorios de investigadoras e investigadores da UVigo en centros escolares e institutos da cidade, no marco da iniciativa Researchers at Schools.

Máis

Hora

27 setembro, 2024 17:45 - 22:00(GMT+01:00)