Detalles do eventos
Exposición Seis cabezas, de Alejandro Fuertes na Fundación Laxeiro. Seis cabezas é a primeira exposición individual de Alejandro Fuertes en Vigo. Seis cabezas está formada por
Detalles do eventos
Exposición Seis cabezas, de Alejandro Fuertes na Fundación Laxeiro. Seis cabezas é a primeira exposición individual de Alejandro Fuertes en Vigo.
Seis cabezas está formada por ensamblaxes realizadas con residuos sólidos urbanos, a exposición ofrece unha reflexión sobre a morte como a única certeza, expresada a través da descomposición que o converte todo en refugallo. O traballo de Alejandro Fuertes, (Avilés, 1997), arranca dunha pulsión por intervir o espazo público como un xesto visceral de afirmación da individualidade, mediante a introdución dun caos estético que buscaba provocar ou molestar mediante a sucidade.
Alejandro Fuertes (Avilés, 1997) é un artista formado nas facultades de Salamanca e Pontevedra cun evidente interese no que el denomina a estética da devastación que materializa mediante unha obra realizada a partir da ensamblaxe de elementos de refugallo.
Horario:
Domingo a venres de 18:00 a 21:00
Sábados 12:00 a 14:00 e 18:00 a 21:00
Máis
Hora
14 febreiro, 2025 18:00 - 18 maio, 2025 22:00(GMT+01:00)
Localización
Fundación Laxeiro
Rúa Policarpo Sanz, 15, 36202 Vigo, Pontevedra