16mai19:00FRANCISCO CASTROCONCERTOS | De balde19:00(GMT+02:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

Francisco Castro repasará o mellor da poesía galega musicada desde os anos sesenta ata os nosos días. Entre outros, escoitaremos poemas de Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Manuel María, Castelao, Uxío Novoneyra…, así como poesía cantada de corte popular. Francisco Castro recolle as versións dos grandes cantautores galegos e reinventa as cancións con ritmos diferentes para facer un espectáculo dinámico, no que todo o mundo participa cantando, pero tamén cun punto didáctico, porque o artista irá contando, en breves alocucións, a importancia de cada poema, do disco no que saíu, do artista que o traballou…

Máis

Hora

16 maio, 2025 19:00(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events