Fórum IEV: presentación
06feb12:30Fórum IEV: presentaciónACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:30(GMT+01:00) Biblioteca EMAO
Detalles do eventos
O Instituto de Estudios Vigueses, organismo que traballa na investigación e divulgación de todo o que ten que ver con Vigo e a súa bisbarra,
Detalles do eventos
O Instituto de Estudios Vigueses, organismo que traballa na investigación e divulgación de todo o que ten que ver con Vigo e a súa bisbarra, presentou a programación do seu Fórum 2025, no que propoñen conferencias e visitas guiadas ao longo de todo o ano sobre diferentes temas relacionados coa cidade.
O Fórum 2025 preséntase baixo o título Vigo, sinais de identidade. Afondarase na percepción da paisaxe e o territorio de Vigo, nos seus ecosistemas e nun dos nosos principais sinais de identidade, o seu nome.
Xoves 6 de febreiro ás 12:30 h – Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios – Presentación do fórum
Xoves, 20 de febreiro ás 19:30 h – Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios – Conferencia de Fernando Fernández Soto, naturalista e fotógrafo: As ameazas ós ecosistemas de Vigo e a súa contorna.
Mércores, 19 de marzo ás 19:30 h – Salón de actos da da Escola Municipal de Artes e Oficios – Concerto comentado Julio Verne e a música.
Xoves, 3 de abril ás 19:30 h – Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios – Conferencia de Francisco García Fernández, hiostoriador: A percepción das paisaxes e a noción discursiva do territorio de Vigo.
Martes, 22 de abril ás 19:30 h – Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios – Conferencia de Juan Eloy Gelabert, historiador: O retorno de Drake (1589)
Xoves, 8 de maio ás 19:30 h – Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios – Conferencia de Manuel Santos-Estévez, arqueólogo: Cando Vigo entrou na historia. De Burbuda a Turonio.
Xoves, 22 de maio ás 19:30 h – Praza de Compostela frote a Correos – Paseo guiado a cargo de Mercedes Bangueses, historiadora.
Xoves, 12 de xuño ás 17:00 h – Peirao da Estación Marítima Paseo en barco guiado por Xosé Manuel Couto, xeógrafo: O desenvolvemento urbanístico de Vigo visto dende o mar.
Xoves, 11 de setembro ás 18:00 h – Diante da igrexa de San Francisco – Visita guiada por Xosé Luis Mateo: Redescubrir o noso patrimonio. Visita á igrexa de San Francisco e á casa da Caridade.
Xoves, 16 de outubro ás 19:30 h – Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios – Conferencia sobre pesca sostible por Antonio Álvarez: Innovación y sostenibilidad como pilares fundamentales para un sector mar-industria resiliente.
Xoves, 6 de novembro ás 19:30 h – – Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios – Mesa redonda arredor do patrimonio industrial de vigo e o patrimonio inmaterial das mulleres que traballan na extracción e transformación dos produtos do mar.
Máis
Hora
6 febreiro, 2025 12:30(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Mes actualxaneiro
Séguenos nas redes