PORTAMERICA
CAMELIAS NADAL

Este é un evento repetitivo

Festival TerraCeo: IZAL

10set20:00Festival TerraCeo: IZALCONCERTOS | 35,00€20:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Dobre data: 10 e 11 de setembro. Entradas individuais esgotadas, só poden mercarse a través do abono Izal + Viva Suecia.

Provenientes de diferentes proxectos anteriores, con máis de 10 anos de música ás súas costas, 5 músicos formaron IZAL a finais de 2010. Con Mikel Izal, vocalista e compositor, encabezando unha formación que completan Alejandro Jordá (batería), Emanuel Pérez “Gato” (Baixo), Alberto Pérez (Guitarras) e Iván Mella (Teclados).

Toda unha carreira de fondo que ten a súa máxima explosión en 2018, co lanzamento do seu cuarto álbum de estudo “Autoterapia”. Os primeiros adiantos do disco, “El pozo” e “Pausa”, logran estar no top dos singles e vídeos máis reproducidos ao momento do seu lanzamento. “Autoterapia” alcanza o número 1 de vendas en dixital na primeira semana e o número 2 en físico na súa primeira semana, manténdose nos primeiros postos en semanas consecutivas e logrando a condición de disco de ouro polas 20.000 unidades vendidas (físico).

A banda foi elixida a favorita polo público de festivais (enquisa de Ticketea) e foi cabeza de cartel dos máis importantes eventos nacionais, ademais de virar por toda Europa e parte de Latinoamérica, sendo o referente actual do pop-rock autoxestionado en castelán. IZAL estaban inmersos na súa xira “El final del viaje”, que ía visitar grandes recintos das principais cidades do país, con dúas noites consecutivas na Praza de touros de Valencia, Cuartel de Artillería en Murcia ou o WiZink Center de Madrid, entre outras. A banda puido actuar durante dúas noites no Palacio de Deportes de Granada, o Palau Sant Jordi de Barcelona e o Pavillón Príncipe Felipe de Zaragoza, concertos con rotundo éxito #ante miles de persoas nun espectáculo audiovisual cheo de sorpresas.

Máis

Hora

10 setembro, 2020 20:00(GMT+01:00)