Festival Teatro Gorrilla
23dec18:00Festival Teatro GorrillaESPECTÁCULOS | Caixa inversa18:00(GMT+01:00) Churruca
Detalles do eventos
Cinco actuacións, de compañías e artistas destacadas galegas en cinco bares de Churruca dende ás 18h ata ás 22h. Caixa inversa (mínimo recomendado de 4€
Detalles do eventos
Cinco actuacións, de compañías e artistas destacadas galegas en cinco bares de Churruca dende ás 18h ata ás 22h. Caixa inversa (mínimo recomendado de 4€ para cada espectáculo)
18 h – Tinta Negra – Carlota Mosquera e a súa peza “Ninguén tira fotos nos enterros”, un conto interactivo que fotografía os recordos dunha nena de once anos no enterro da súa avoa. Unha proposta, tenra e divertida, que invita a falar do que se cala e reparar naquilo que se agocha, estreada no FIOT de Carballo.
18:30 h – Sala Kominsky – Mevadeus, compañía de teatro físico de nova creación coa súa peza TRANSPARENTAR, unha investigación escénica na que se prantexa unha pregunta principal. A Xeración de Cristal é fráxil ou transparente? Cuestión da cál emerxen outras coma: que é ou por que se caracteriza dita xeración? O sufrimento individual é colectivo e interxeracional? É comparable? Somos nós os esgotados ou é o sistema? Frustración coma nova relixión? A distopía é o noso futuro? Estas preguntas teñen algo en común, a chamada Xeración Z ou Xeración de Cristal. Formada por persoas que naceron aproximadamente entre finais dos anos noventa e dos inicios dos 2000.
19:30 h – Burbia – Nauta, joven compañía galega. Un grupo de creadores que utilizan as disciplinas do teatro físico, a máscara e o títere. Este sábado nos convidan a tres pezas curtas moi divertidas e máxicas.
20 h – A Casa de Arriba – Danza contemporánea con Diego Buceta e o seu working progress
E.T, una proposta que fala do sinxelo que pode ser debuxar unha xenealoxía do desastre cando son
ollos estranxeiros os que observan. Dende o zar Pedro o Grande ata o rei emérito Xoán Carlos I, dende
o faraón Keops ata Velázquez. Se somos quen de velo dende fóra, non se salva nin Deus.
21 h – Cantina Candela – SÖA, compañía de danza – teatro e a súa peza que fala do tempo que se escapa e a infancia que deixamos atrás. Que sucede cando o noso niñe interior permance con nos e en que medida o controlamos= Podemos
ser niñes para sempre? Cando deixamos de selo? Unha obra sobre o xogo no seu estado de máxima pureza e sobre o adulte que se esqueceu de que algunha vez tamén xougou.
Teatro Gorrilla é un proxecto autoxestionado e alternativo que Sergio Llauguer, Laura Merchán e Eva
Comesaña levan a cabo, pretende transformar e democratizar a cultura na cidade olívica, levando
propostas contemporáneas de artes escénicas aos bares, lugares cheos de vida que apoian o arte a
través de múltiples concertos, por iso, queren que as artes escénicas tamén teñan presenza nestes
espazos non convencionais, e así, visibilizar novas propostas de artistas independetes da Galiza.
Máis
Hora
23 decembro, 2023 18:00(GMT+01:00)
Localización
Churruca
Rúa Churruca, 10-20 36201 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes