FESTIVAL INTERNACIONAL DE DANZA INCLUSIVA
03xuñ12:00FESTIVAL INTERNACIONAL DE DANZA INCLUSIVAESPECTÁCULOS | 7,00€12:00(GMT+02:00) Mar de Vigo
Detalles do eventos
No FESTIVAL INTERNACIONAL DE DANZA INCLUSIVA estarán a bailar sobre o escenario grandes bailaríns de EEUU, Alemaña, Italia, India, Portugal, Venezuela e España, combinando con vídeo danza de
Detalles do eventos
No FESTIVAL INTERNACIONAL DE DANZA INCLUSIVA estarán a bailar sobre o escenario grandes bailaríns de EEUU, Alemaña, Italia, India, Portugal, Venezuela e España, combinando con vídeo danza de bailaríns de diversos lugares do mundo. Queren enxalzar a inclusión desde a danza no seu sentido máis amplo: unindo culturas, integrando países e diversas formas de danza.
Este festival está coordinado polo CID, A Sección CID MADRID e EUDANZA, baixo a coordinación da bailarina e coreógrafa galega Laura Llauder, membro do CID. É a primeira vez que se desenvolve un Festival Internacional de Danza Inclusiva en cooperación co CID en Galicia. Este festival coincide co 50 aniversario do CID Consello Internacional da Danza avalado pola UNESCO.
O CID é o Consello Internacional da Danza, a organización paraugas oficial para todas as formas de danza en todos os países do mundo. É unha organización non gubernamental fundada en 1973 dentro da sede da UNESCO en París, onde ten a súa sede. Os seus membros son as federacións, asociacións, escolas, empresas e particulares máis destacados de máis de 170 países. O CID é socio oficial da UNESCO, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura. será unha gran oportunidade de gozar da danza de bailaríns que viaxan a Galicia de distintos países do mundo.
Máis
Hora
3 xuño, 2023 12:00(GMT+01:00)
Séguenos nas redes