CAMELIAS MASCOTAS

Embarcacións históricas e concertos atracan no festival Iacobus Maris Experience

24xul(xul 24)10:0028(xul 28)22:00Embarcacións históricas e concertos atracan no festival Iacobus Maris ExperienceFESTIVAIS E FEIRAS | De balde10:00 - 22:00 (28)(GMT+02:00) Porto Cultura

Detalles do eventos

O III Festival Iacobus Maris Experience volve á dársena Portocultura de Vigo do 24 ao 28 de xullo cunha oferta gastronómica, musical e deportiva que se complementa coa presenza de numerosas embarcacións tradicionais.

A dársena de Portocultura, a dedicada aos buques históricos no Porto de Vigo, foi un ano máis o escenario da presentación da terceira edición do festival Iacobus Maris Experience. Este verán o evento contará coa presenza de numerosas embarcacións, entre grandes veleiros e tradicionais, que ofrecerán un vistoso espectáculo ao público.

Por terceiro ano, a Fundación Traslatio, co patrocinio de Turismo de Galicia e a Deputación de Pontevedra, así como a colaboración do Porto de Vigo e outras entidades e asociacións, organiza este ano o festival Iacobus Maris Experience que, do 24 ao 28 de xullo, acollerá numerosas actividades e talleres, acompañados por un espazo gastronómico de cociña do mar e música en directo para toda a familia.

Algunhas das novidades desta edición son a participación do veleiro escola da Armada de Uruguai, Capitán Miranda; a réplica de fragata do século XVIII con bandeira de Illas Cook, Shtandart; a carabela portuguesa Beira Cruz; a goleta de 1912 Evangelina; os barcos de vapor Hidria Segundo e San Esteban; así como varias embarcacións da Asociación de Mariñeiros Tradicionais de Bouzas, como un racú ou un galeón.

Programación

Gastronomía

Como novidade, este ano trasládase a localización do village de restauración á zona do edificio de Portocultura, á beira do observatorio Nautilus, para concentrar todos os elementos (barcos, música e gastronomía) nesa zona. Poñeranse en valor alimentos do mar e produtos galegos.

Ruta Iacobus Maris

A ruta Iacobus Maris conmemora a viaxe do corpo do Apóstolo Santiago desde o porto de Jaffa (antiga provincia do imperio romano situada en Palestina) ata Santiago de Compostela, atravesando o Mare Nostrum de Oriente a Poñente e seguindo rumbo norte ata Galicia. Actualmente é a peregrinación marítima Xacobea máis longa da historia.

Máis

Hora

24 xullo, 2024 10:00 - 28 xullo, 2024 22:00(GMT+01:00)

Localización

Porto Cultura

36202 Vigo, Pontevedra

Other Events