CAMELIAS MASCOTAS

FESTIVAL FEGATEATRO: 'NOVO AMENCER'

14set20:00FESTIVAL FEGATEATRO: 'NOVO AMENCER'ESPECTÁCULOS | 5,00 €20:00(GMT+02:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

Festival FEGATEATRO de teatro amador. Organizado pola compañía Fauna 113. Do 6 ao 15 de setembro, seis compañías de teatro amador de Galicia e Portugal actuarán na Sala Ártika durante dúas fines de semana.

Entradas en artika.com

  • Venta online: Entrada Anticipada: 5 €
  • En taquilla: Entrada Xeral: 5 €

Venres 6 de setembro ás 20:00h – OS VECIÑOS DO LADO – FAUNA 113

María e Pedro son unha parella convencional que recibe a visita dos seus novos veciños: Rosa e Ignacio. O que en princípio parece unha cea de cortesía entre descoñecidos deparará un encontro disparatado de dobres intencións e segredos inconfesables, ou é que seica non todos temos algo que ocultar?

Idade recomendada: todos os públicos
Duración: 50 min

Sábado 07 de setembro ás 20:00h – UN MAL DIA TENO CALQUERA – TEATRO DE CÁMARA DITEA

Paco e Cristina, a pesar da súa mala situación económica, convidan aos seus amigos a unha cea de Nadal na súa casa, pero, á súa chegada, Natalia anuncia que o seu marido, Patricio, sufriu un accidente aéreo e nada se sabe del. A tráxica nova coincide con outra de signo totalmente contrario que vai mellorar, de xeito considerable, a vida dos anfitrións, algo que Paco, a pesar dos sus esforzos, non consigue contar a Cristina e que, cando o faga, provocará unha chea de equívocos e situacións divertidas.

Idade recomendada: + 15 anos
Duración: 50 min

Domingo 8 de setembro ás 20:00h – DESFACENDO HAMLET – DESFEITA TEATRO

Sangue, manipulación, desexos carnais, loitas de poder, guerras… A historia repítese unha e outra vez ante a incapacidade humana de aprender dos erros cometidos. Calquera lugar, calquera época, os mesmos conflitos. Tras a misteriosa morte do seu pai e o apresurado casamento da súa nai co seu tío, Hamlet atópase consumido pola dor. A aparición da pantasma do seu pai revélalle que en realidade foi asasinado, espertando así a súa sede de vinganza. Esta obsesión ten un importante impacto no comportamento do mozo e nas súas relacións, tanto coa súa familia e os seus amigos como coa xoven Ofelia, a súa namorada.

Idade recomendada: todos os públicos
Duración: 50 min

Venres 13 de setembro ás 20:00h – O AGASALLO – FARÁNDUÑA VELUTINA

Farándula Velutina presenta unha comedia dramática sobre a familia, a soidade e a morte. Elisa vive coa súa avoa. Está nunha cadeira de rodas despois dun grave accidente de circulación. Polo seu aniversario recibe un misterioso agasallo. É un regalo que non parece moi apropiado para a súa idade e nin sequera sabe de quen procede, pero parece estar secretamente conectado cunha nena descoñecida que aparece no cuarto de Elisa sen que ninguén a convide. 

Idade recomendada: + 15 anos
Duración: 50 min

Sábado 14 de setembro ás 20:00h – NOVO AMENCER – ACHADEGO TEATRO

Novo Amencer é unha comedia que pon o foco nas falsas crenzas, nos líderes de barro, na inocencia e naqueles que se aproveitan dela para o seu propio beneficio. Unha divertida crítica distópica ambientada nunha comunidade moi peculiar na que non hai ninguén normal, como na vida mesma.

Idade recomendada: + 15 anos
Duración: 50 min

Domingo 15 de setembro ás 20:00h – O PRAZER DE ACABAR + DUELO NUMA CASA DE CHÁ – TEATRO EXPERIMENTAL FLAVIENSE

A nova producción do TEF consta de dúas pezas presentadas en conxunto; O PRAZER DE ACABAR e DUELO NUMA CASA DE CHÁ.

Idade recomendada: + 15 anos
Duración: 50 min
Idioma: portugués

Máis

Hora

14 setembro, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events