
Detalles do eventos
12:00 h. Charla con AGAG. “El último show e a representación da terceira idade na ficción”, organizado pola Asociación Galega de Guionistas (AGAG).Participa: Alex Rodrigo (creador e
Detalles do eventos
12:00 h. Charla con AGAG. “El último show e a representación da terceira idade na ficción”, organizado pola Asociación Galega de Guionistas (AGAG).
Participa: Alex Rodrigo (creador e director da serie La casa de papel), Miguel Ángel Tirado “Marianico el corto” (actor), Luisa Gavasa (actriz), Sara Alquézar e Enrique Lojo (guionistas). Actividade On-line.
Serie premiada no prestixioso Festival de Televisión de Vitoria-Gasteiz, onde foi calificada por el jurado como “moderna y estimulante”.
16:00 h. Café con CREA (Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización).“A responsabilidade dos creadores coa realidade”.
Participan Noemí Chantada (directora de La mujer invisible e Xoves de comadres) e Alex Cancelo (director de Aysha).
18:00h FESTIVAL DE CURTAS. SUBTITULADAS E AUDIDESCRITAS
Homomaquia
Galicia / 2019 / 14’
Dirección: David Fidalgo Omil
Preséntanos un mundo onde os seres humanos son tratados como estes tratan aos animais, establecendo unha forte metáfora sobre a tauromaquia. Poñéndonos no papel do touro, esta curta de animación representa a súa vida coa súa crueza, a súa violencia e a súa falta de liberdade. É unha denuncia aos malos tratos animais. É un berro a favor da liberdade.
Para sempre, Malévich
Galicia / 2020 / 12’
Dirección: Antón Veiga
Adaptación dun dos relatos do libro Galería de Saldos, do escritor porriñés Diego Giráldez. Mara é galerista de arte e Berthran un tratante de arte cego e posuidor dun Malévich. Ambos atópanse nun momento moi particular das súas vidas que fai que estas cambien para sempre.
Orquesta Los Bengalas
España / 2020 / 21’
Dirección: David Valero Simón
“Los Bengalas” son unha orquestra formada por catro amigos xubilados que levan máis de 30 años tocando nas festas das aldeas, pero este ano algo cambiou.
Operación R.A.E.
España / 2020 / 6’
Dirección: Borja Álvarez
Unha noite, un peculiar grupo de operacións especiais asalta a Real Academia Española. Traballando en equipo, terán que superar a seguridade e sorpresas que se lles presentan dentro do edificio, ata atopar un obxectivo de gran valor que a institución garda en segredo entre os seus muros.
El método PIGS
España / 2019 / 23’
Dirección: Boris Kozlov
Toni traballa día e noite pero apenas gaña para subsistir. O seu último cartucho é a autopublicación: acaba de terminar “El Método PIGS”, un manual de éxito persoal co que espera dar un xiro á súa vida e recuperar o amor da súa ex muller.
Xoves de Comadres
Galicia / 2019 / 19’
Dirección: Noemí Chantada
Primeiro trabajo de ficción da realizadora viguesa Noemí Chantada, chega cun premio do Festival de Málaga. Unha obra que a través da súa protagonista Aurora busca dar visibilidade á soidade que sofren as persoas maiores.
There Will be monsters / Habrá monstruos
España / 2020 / 5’
Dirección: Carlota Pereda
“Os monstros existen. Están no noso interior. E, ás veces, gañan”. Curtametraxe de temática social que mestura terror e comedia inspirada no caso de La Manada. Terceira obra da directora Carlota Pereda, gañadora do Goya en 2019 polo súa curto Cerdita.
Loca
España / 2020 / 15’
Dirección: María Salgado Gispert
Sofía traballa de limpadora para unha ETT nun colexio. Iván traballa como profesor de patinaxe en extraescolares. Sofía e Iván coñécense pero nunca falaron. Ela mira as súas clases ás agachadas. El, sábeo. Sofía sempre marcha antes de que Iván remate a súa clase. Pero hoxe chove e a actividade ten que cancelarse.
Polter
España / 2019 / 11’
Dirección: Álvaro Vicario
José enfróntase a un suceso paranormal que irrompe no seu fogar. O que comeza como un simple incidente doméstico acabará sendo unha loita sen cuartel. José deberá descubrir que segredo se esconde detrás dos fenómenos. Curtametraxe gañadora na sección oficial do Festival de Sitges 2019.

Máis
Hora
17 outubro, 2020 12:00 - 20:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual