Este é un evento repetitivo12 novembro, 2022 20:00
Festival Catropezas: 'Vientos y arrogancias'
Detalles do eventos
O mes de Novembro é o elixido por Teatro Ensalle para organizar este festival de danza contemporánea tan orixinal como esperado polo público da sala. Xorde en 2006
Detalles do eventos
O mes de Novembro é o elixido por Teatro Ensalle para organizar este festival de danza contemporánea tan orixinal como esperado polo público da sala. Xorde en 2006 como un desexo de aglomerar en catro fins de semana, algunhas das producións de danza (tanto nacionais como internacionais) máis destacadas do último curso, por iso é polo que as compañías que aparecen no historial do Catropezas acumulen tantos anos de experiencia. Compañías xa contrastadas (estivesen ou non con anterioridade en Ensalle) que reúnen nun mes obras cunha linguaxe sempre experimental pero sólido, froito do traballo, a disciplina e a experiencia.
‘Vientos y arrogancias’ de Lola Jiménez
Venres 11, sábado 12 e domingo 13 ás 20:00
pegadas dese último traballo que vai tomando a súa natureza propia e que aínda está en estado de xestación. É como unha especie de muda, deixar unha vella envoltura e renacer noutra.
nesta creación hai palabras, danza, silencios, susurros…
hai un discurso de ideas que van e veñen, que se entrechocan sen rumbo fixo como un coche patinando nunha pista de xeo
hai nomes e cousas que brillan e logo apáganse como lumes de artificios
unha e outra vez repítense os impulsos que me empuxan á creación,
ten que ver co feito de estar viva
ten que ver co absurdo desta época que nos toca vivir
falar da vida é tamén falar do efémero que é nacer nun
corpo
penso no que acaba, no que comeza e viceversa…
penso neses latexados que son como susurros entre tantísimo ruído
penso nunha danza mais parecida ao SILENCIO tan cheo do
inexplicable
poño a voz na palabra que se irmá dalgunha maneira cun
berro áspero. o berro necesario para soltar o que oprime.
falo de susurros, de berros, asperezas, escaldaduras, precipicios, poesía
falo de cousas que podo nomear, pero sobre todo gustaríame
traballar coas que non podo definir.
Máis
Hora
11 novembro, 2022 20:00(GMT+01:00)