Festa dos Maios
14mai12:0021:00Festa dos MaiosAS NOSAS FESTAS | De balde12:00 - 21:00(GMT+02:00) Praza do Berbés
Detalles do eventos
A Asociación do Casco Vello celebra a 41 edición da súa tradicional Festa dos Maios o domingo día 14
Detalles do eventos
A Asociación do Casco Vello celebra a 41 edición da súa tradicional Festa dos Maios o domingo día 14 con actividades para pequenos e maiores e na que non faltará a música.
Este acto, presente en moitas culturas europeas, festexa a transición do inverno á primavera e a exaltación da natureza e ten a súa orixe nas culturas prerromanas. O acto central representa unha disputa entre as dúas estacións na que o inverno resístese a marchar, a primavera acaba gañando e é, entón, cando entra en escena o cuco, cuxo canto anuncia a chegada do tempo cálido. A continuación, aparece o Maio, unha enorme construción floral armada polos propios veciños.
Programa:
12h – Barafunda animación infantil
13h – Grupo de gaitas
17h – Banda de gaitas do Casco Vello
18h – Representación dramatizada dos maios co grupo tradicional A Barroco e Trabón do Berbés
Remate coa actuación do grupo Os Concheiros.
Máis
Hora
14 maio, 2023 12:00 - 21:00(GMT+01:00)
Localización
Praza do Berbés
Avenida de Beiramar, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes