Festa da Cultura: O milagre de Santa María Juana
Detalles do eventos
Os centros culturais vigueses énchense de teatro no mes de xullo dentro da programación da Festa da Cultura. A fin de semana pasada celebrouse a Festa da Cultura
Detalles do eventos
Os centros culturais vigueses énchense de teatro no mes de xullo dentro da programación da Festa da Cultura. A fin de semana pasada celebrouse a Festa da Cultura na súa ubicación habitual: Porta do Sol. Ao longo dos días 7 e 8 de xullo pasaron baixo as pernas do Sereo unha trintena de grupos folclóricos da ciudade. Cun éxito total de asistencia. Para continuar coa festa, e coa intención de achegala a tódalas parroquias da cidade olívica, a programación continúa cun ciclo de teatro que percorrerá varios centros culturais. As obras abranguen todo tipo de xéneros e públicos que seguro que pasarán un bo rato con compañías pequenas da cidade. A entrada é libre para tódalas funcións, que sempre terán lugar ás 20:30h.
Esta é a súa programación completa:
Sábado 15 de xullo / S.C.D.R. Helios de Bembrive – Dominó celeste ou, que vai ser de ti Ernesto? (Compañía: Escoitade)
Sábado 15 de xullo / C.V.C. de Valladares – O milagre de Santa María Juana (Compañía: Tarantela)
Domingo 16 de xullo / C.C.R. de Cabral – Un funeral para morrer coa risa (Compañía: Agarimo)
Sábado 22 de xullo / C.V.C. de Valladares – Munuwa (Compañía: Porta Aberta)
Sábado 22 de xullo / S.C.D.R. Helios de Bembrive – Apocalipse Nau (Compañía: Atlántida de Matamá)
Máis
Hora
15 xullo, 2023 20:30(GMT+01:00)
Localización
Auditorio CVC Valladares
Camiño do Pedregal, 6, 36315 Valadares - Vigo, PO
Séguenos nas redes