CAMELIAS MASCOTAS

Festa da Cultura

07xul(xul 7)18:0008(xul 8)23:00Festa da CulturaAS NOSAS FESTAS | De balde18:00 - 23:00 (8)(GMT+02:00) Porta do Sol

Detalles do eventos

Chega a cita anual da Festa da Cultura na Porta do Sol. Nesta ocasión cambia as súas datas habituais -a comezos de setembro- polo comezo do periodo estival. Será nos días 7 e 8 de xullo cando os vigueses poderán desfrutar, despois de varios anos na Praza de Compostela, da música baixo o Sereo. Na súa programación, deseñada para chegar a tódolos públicos, poderemos atopar ata 26 actuacións. E, seguindo co teatro, a Festa tamén extenderase ao longo do mes de xullo cun ciclo de obras que serán interpretadas en diferentes centros culturais da cidade. Un ano máis, coa colaboración do Concello de Vigo e a Diputación de Pontevedra, organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, unha entidade sen ánimo de lucro que reúne a cultura das diferentes parroquias locais.

A cita comezará o venres 7 coa seguinte programación:
18:00h – Tarambainas
18:20h – Grupo de Gaitas de Paradavila
18:40h – Ata o mandil dolores
19:00h – Trécolas de Sárdoma
19:20h – Froles Novas
19:40h – Lumieiras do Rueiro de Coia
20:00h – Ledicias – Amieiras e Aturuxo de Valladares
20:20h – Os Ventos de Comesaña
20:40h – Grupo de panderetas A volta do demo e de baile Semente da arte galega de Beade
21:00h – Vagalume
21:20h – Lembranzas Galegas
Concerto:
22:30h – Folk de Coiro

E continuará o sábado 8 de xullo pola mañá:
11:30h – Setecuncas
12:00h – Corisco
12:20h – Son das Ferriñas
12:40h – O Coto
13:00h – Andarela

E pola tarde:
18:20h – Queixumes
18:40h – Monteira
19:00h – Grupo de canto Loureiro Verde Cabral
19:20h – O Fiadeiro
19:40h – Cans de palleiro
20:00h – Freixo
20:20h – Charamuscas
20:40h – Traspés
Concerto:
22:30h – Banda de Gaitas Atlántida de Matamá

Máis

Hora

7 xullo, 2023 18:00 - 8 xullo, 2023 23:00(GMT+01:00)

Localización

Porta do Sol

Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events