Festa da Brincadeira
13mai(mai 13)11:00Festa da BrincadeiraAS NOSAS FESTAS | De balde11:00(GMT+02:00) Alameda de Bouzas
Detalles do eventos
A XVIII edición da Brincadeira de Bouzas celebrará a expulsión do exército francés a fin de semana do 13 e 14 de maio. A representación teatral na que
Detalles do eventos
A XVIII edición da Brincadeira de Bouzas celebrará a expulsión do exército francés a fin de semana do 13 e 14 de maio. A representación teatral na que se emula como o pobo de Bouzas expulsou ao exército francés terá lugar o sábado 13 pola tarde na Alameda. Como novidade, este ano organízase o I concurso de traxes de época da Brincadeira co obxectivo de animar á cidadanía a vestirse como en 1809 e poñerse na pel dos protagonistas.
A festa contará con120 postos espallados polas rúas da vila de comida, bebida e artesanía.
Concurso de traxes de época da festa da brincadeira
Por primeiro ano a organización convoca un concurso de traxes de 1809 que quere animar aos veciños a vestirse de época e meterse na pel dos protagonistas da expulsión dos franceses da vila: Aurora e Josefa Reis, irmás encargadas da vixilancia no atrio de Bouzas; Caetano Parada Pérez de Limia, alcalde de Bouzas e a súa esposa, Xoaquina Nogueira; Vázquez Varela, alcalde de Vigo; Xosé Mouriño, párroco da Vila ou os milicianos que participaron na loita.
Poden participar tanto adultos como nenos. As mulleres deben levar saia, camisola e mandil e os homes pantalón, camisa e faixa. Debera presentarse a folla de inscrición con todos os datos cubertos e enviala a aahistoriadebouzas@gmail.com Os premios son:
• Posto 1º: 150€
• Posto 2º: 100€
• Posto 3º: 75€
Os gañadores, terán que invertir polo menos o cincuenta por cento do premio en mellorar as súas vestimenta.
Programa:
Zona 1: Praza da Vila de Bouzas
Sábado:
13:30 – Anduriñas do Cristo da Victoria.
17:30 – Anduriñas do Cristo da Victoria.
Domingo:
13:30 – Anduriñas do Cristo da Victoria.
17:30 – Anduriñas do Cristo da Victoria.
Zona 2: escenario en Eduardo Cabello
Sábado:
14:30-15:30 grupo Rudilleiras (Traspés)
15:30-16:30 grupo Recoiro (Traspés)
16:30-17:30 grupo Charanga B
17:30-18:30 grupo Ferbellicos (Traspés)
18:30-19:30 grupo pandereteiras Traspés
19:30-20:30 grupo de folk Os Cuncheiros.
20:30-21:30 grupo O Carballo das Cen Polas.
Domingo:
14:30-15:30 grupo escola de gaitas e percusiónTraspés
15:30-16:30 grupo escola de gaitas e percusión Traspés
17:30-18:30 charanga Traspés
18:30-19:30 pandereteiros Traspés
20:30-21:30 grupo Os Ferreiras da Etea.
Zona 3: escenario na Alameda Suarez Llanos
Sábado:
12:30 – gaiteiros Pardavila.
14:30 – Cans de palleiro.
15:30 – gaitas Erdeiros dos morenos.
16:30 – Froles novas.
18:30 – Representación teatral.
20:30 – grupo de gaitas Rueiro.
Domingo:
12:00 – grupo Queixumes.
13:00 – I Concurso de traxes de época da festa da brincadeira.
15:30-16:30 grupo ACF O Fiadeiro
16:30 – grupo Charanga B.
17:30 – pandega das Teixugueiras.
18:30 – grupo Tarxa
19:30 – grupo Foliada Vai Boa
Zona 4: alameda Eduardo Cabello
• Taller de barro o sábado e o domingo as 17:00
• Demostración de oficios artesanais todo o día.
• Exposición dunha barca artesanal cedida pola asociación de mariñeiros de Bouzas.
• Exposición histórica da man de Ana Rodal sobre Bouzas, tanto o sábado como o domingo de 16:00 a 17:00.
• Atraccións infantis.
Máis información en https://amigosdebouzas.com/
Máis
Hora
13 maio, 2023 11:00(GMT+01:00)
Localización
Alameda de Bouzas
Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra
Séguenos nas redes