Faladoiro 'Repercusión da crise enerxética no sector da alimentación'
Detalles do eventos
Convencidos de que o crecemento infinito é materialmente imposible nun planeta finito, o Ateneo Atlántico únese á Rede para o Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O Bierzo na organización dun ciclo de
Detalles do eventos
Convencidos de que o crecemento infinito é materialmente imposible nun planeta finito, o Ateneo Atlántico únese á Rede para o Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O Bierzo na organización dun ciclo de conferencias de divulgación que poñan de manifesto tanto a imposibilidade do crecemento infinito como a posibilidade (a necesidade) dun xiro cara ao Decrecemento.
O ciclo desenvolverase entre os meses de outubro e novembro de 2021 e as charlas serán ás 19:00h no salón de actos da sede da ONCE en Vigo. Entrada libre.
‘Repercusión da crise enerxética no sector da alimentación’ con Begoña de Bernardo, enxeñeira agrónoma.
Xoves 21 ás 19:00
PROGRAMA
- 14 de outubro: ‘A crise enerxética’ con Xoán Ramón Doldán
- 21 de outubro: ‘Repercusión da crise enerxética no sector da alimentación’ con Begoña de Bernardo
- 28 de outubro: ‘Tecnoloxización e Decremento. Mineiría extractiva de terras raras’ con Xulio Carmona e Iolanda Mato
- 11 de novembro: ‘O Antropoceno e a crise medioambiental’ con Xabier Pumariño e Montse Valencia
- 18 de novembro: ‘Decrecemento: alternativas e solucións’ con Miguel Anxo Abraira e Mario Pansera
Máis
Hora
21 outubro, 2021 19:00(GMT+01:00)
Localización
ONCE
Av. da Gran Vía, 16, 36203 Vigo, Pontevedra