Eurovision PetardPop Party: Aiko + Kat
12out23:30Eurovision PetardPop Party: Aiko + KatCONCERTOS | 10,00€23:30(GMT+02:00) Plaff
Detalles do eventos
O sábado 12 de Outubro é o día fixado por este mítico local do Casco Vello vigués (Rúa Oliva 8 baixo) para celebrar a edición
Detalles do eventos
O sábado 12 de Outubro é o día fixado por este mítico local do Casco Vello vigués (Rúa Oliva 8 baixo) para celebrar a edición outonal das súas “Eurovision PetardPop Party”. A estas festas, moi coñecidas polos eurofans de toda España, xa pasaron artistas eurovisivos da talla de Lucía Pérez, Anabel Conde, Suzy Guerra, Eva Santamaría, Brequette e Nicki French moi recentemente.
Neste caso os eurofans que se acheguen poderán gozar en directo da actuación da cantante Aiko, representante checa no festival de Eurovision 2024, e que ademais, non estará soa no escenario, senón que a acompañará Kat Almagro, batería do grupo español Megara, representantes de San Marino en leste mesmo ano.
Aiko, nacida en Moscova aínda que criada na República Checa, presentará o seu novo disco “Aikonic” o cal inclúe o seu éxito eurovisivo “Pedestal”, e comezará en Vigo en rigorosa exclusiva, a súa extensa xira europea que a levará ao longo de 13 países durante os próximos meses, incluíndo tamén en España as cidades de Madrid e Barcelona. Tamén unha canción súa ha #formar# parte da BSO da última tempada da exitosa serie Elite de Netflix e levoulle a aparecer nas mismísimas pantallas de Times Square en Nova York.
Aiko describe a súa canción eurovisiva Pedestal, como un himno para priorizarse a unha mesma e a propia independencia #ante a adversidade e as relacións tóxicas, sempre dentro do seu estilo indie-pop-rock que a caracteriza.
Pola súa banda, Kat é unha batería nada en Pamplona, moi coñecida por traballar con artistas da talla de Natalia Lacunza, Blas Cantó, Javiera Mena, ou moi recentemente Megara, cos que tivo a gran oportunidade de actuar en maio en Malmö no último festival de Eurovisión.
A actuación no Plaff será ás 23:30 e as entradas venderanse en porta o mesmo día desde as 20h a un prezo de 10€ (consumición incluída) ata completar o aforo. Para redondear a festa habilitarase unha zona de photocall á entrada do local, e haberá agasallos por parte dos patrocinadores (Absolut, Porto de Indias, Hotel Inffinit Vigo, Macho Underwear e Wapo App).
Posteriormente á actuación, como sempre haberá unha videosesión especial a cargo de DJ X.avi PetardPop que repasará a historia do festival e fará as delicias dos eurofans que alí se congreguen.
Máis
Hora
12 outubro, 2024 23:30(GMT+01:00)
Localización
Plaff
Rúa Oliva, 8, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes