VIALIA
GIRANDO POR SALAS

10abr20:00Etapas para unha variación: Concerto de frauta travesaCONCERTOS | - 20:00(GMT+02:00) Teatro Permanente

Detalles do eventos

O mes de abril estará dedicado á música no Teatro Permanente. Arrincán cun concerto o vindeiro día 10 ás 20:00 horas da man da frautista Laura Lorenzo.

Este será a súa primeira experiencia de concertos teatralizados, onde os elementos musicais se dispoñen de xeito particular para poder explorar aspectos da interpretación que poden pasar desapercibidos nunha presentación máis convencional.

Como tema central, a folía, un esquema melódico e harmónico de orixe renacentista e autoría anónima. Foi unha das danzas máis populares da Castilla do Século de Ouro que se extendeu amplamente por Europa. Ó longo dos séculos, numerosos compositores de diferentes lugares escribiron variacións sobre este famoso tema. Nesta ocasión revisitaranse as Folies d’Espagne de Marin Marais, quen compuxo máis de 30 variacións sobre o tema.

A través dunha proposta escénica simple que pon en valor os aspectos visuais da interpretación musical, elaboramos un percorrido que comeza no acto máis elemental de respiración e de manipulación do instrumento, para rematar coa execución dunha escolla de variacións estruturada en función de parámetros propios.

Todos estes elementos reúnense nunha posta en escena que encontra un espazo de percepción particular para cada un deles, na proximidade que permite unha sala como o Teatro Permanente.

ENTRADAS AQUÍ

Máis

Hora

10 abril, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Teatro Permanente

Rúa Abeleira Menéndez 7, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events