CAMELIAS MASCOTAS

Estrea 'O Corpo Aberto' + coloquio

11dec20:30Estrea 'O Corpo Aberto' + coloquioACTIVIDADES PARA O COCO | 6,50€20:30(GMT+01:00) Multicines Norte

Detalles do eventos

O próximo 9 de decembro, venres, estrearase en cines “O CORPO ABERTO”, dirixida por Ángeles Huerta e protagonizara por Tamar NovasMaría Vázquez e Victória Guerra

Ao longo da fin de semana haberá unha serie de pases especiais con coloquio con membros do equipo creador, técnico e artístico en distintos puntos da xeografía galega. En Vigo será o domingo 11 ás 20:30 nos Multicines Norte e contará coa presenza da directora Ángeles Huerta e Nicolás Otero.

O Corpo Aberto é unha longametraxe de terror folk escrita pola propia directora xunto a Daniel D. García e baséase nun relato de Xosé Luis Méndez Ferrín, un dos autores máis  importantes e representativos da nosa literatura contemporánea.  

Narra a historia dun mestre que, a principios do século XX, recibe como primeiro destino Lobosandaus, unha pequena localidade da “raia seca”, na fronteira entre Galicia e Portugal. Nada máis chegar percibirá como o misterio e a morte conviven con naturalidade na vida cotiá da poboación deste estraño e abrupto lugar. Pero o profesor enfrontarase, desde o racionalismo e a ciencia, a unha crenza común da poboación local: o espírito dos mortos pode manifestarse e permanecer entre eles ao habitar outros corpos. Os límites, as “raias” ou liñas que separan o mundo dos mortos e dos vivos, o xénero, a identidade ou o poder evocador da tradición e o folclore serán algúns dos eixos que atravesen a película.

Máis

Hora

11 decembro, 2022 20:30(GMT+01:00)

Localización

Multicines Norte

Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events