CAMELIAS MASCOTAS

Escuchando Elefantes

15out22:00Escuchando ElefantesCONCERTOS | 13€22:00(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

O dúo galego anuncia a súa noxa xira ‘¿Por qué siempre cantáis en inglés?’ para presentar ao público o seu primer disco en castelán. O concerto terá lugar en A Fábrica de Chocolate Club o día 15 de outubro ás 22H. As entradas xa están dispoñibles á venta.

Escuchando Elefantes son dúas voces que chegaron a soar como unha. O dúo está integrado pola coruñesa Sílvia Rábade, e por Carlos Tajes, orixinario da Costa da Morte. A dinámica e forza que transmiten ao público coas súas cancións débese á súa paixón por tocar na rúa, na que se formaron como músicos. Percorreron Europa compartindo experiencias con músicos como os oscarizados Glen Hansard, Damien Rice e Bono (U2) entre outros.

Debutaron en 2012 co seu primeiro álbum de estudo editado de forma totalmente independente, ‘Show & Tell’, recibindo unha xenerosa acollida por parte do público que encheu o aforo das salas. O seguinte album foi ‘Happy Lonely People’ e, en 2016, ambos decidiron cambiar o formato e intercambiar en directo os instrumentos, xesto que repetirían en 2017 para o seu terceiro álbum, “’Hope’. Un accidente de coche paralizou durante un tempo a súa actividade, que acaban de retomar co seu cuarto disco, no que se pasan ao castelán: ‘¿Por qué siempre cantáis en inglés?’

Este disco está formado por cancións que falan da vida, a morte, de renacer, de reconverterse, dos paus que cha vida. Con este novo álbum, a banda publica unha serie de temas rotundos cheos de forza e dinamismo, como ‘Ahora’, ‘Valiente Disonante’, ‘Cada vez’ e ‘Falsa Vanidad’, enerxía que transmiten ao público ofrecendo o mellor de todo o seu repertorio en vivo.

Máis