
Detalles do eventos
A exposición Embárriate Teis nace co principal obxectivo de promover a inclusión social e a participación activa de diversos grupos, especialmente aqueles en situación de vulnerabilidade. A través da intervención
Detalles do eventos
A exposición Embárriate Teis nace co principal obxectivo de promover a inclusión social e a participación activa de diversos grupos, especialmente aqueles en situación de vulnerabilidade. A través da intervención comunitaria, buscan dinamizar a comunidade, involucrando máis de 600 alumnos de colexios locais (de entre 3 e 13 anos), entidades de saúde mental, persoas sen fogar, mulleres e centros de día para maiores. O resultado desta colaboración activa é unha verdadeira obra de arte participativa, un espazo de expresión onde todos se poden sentir representados.
O arte é moito máis que unha simple actividade creativa; é unha poderosa ferramenta de cambio social. Neste proxecto, abordan temas fundamentais como a resiliencia, a xestión emocional, e o aprendizaxe mutuo entre xeracións. A exposición non só visibiliza as vivencias e emocións de cada participante, senón que tamén traballa na eliminación de estereotipos e prexuízos. Cada obra, cada debuxo, cada bandeira creada representa unha historia de superación, un paso cara á solidariedade, a igualdade e a diversidade. O arte é un vehículo para conectarnos e transformarnos como sociedade.
A exposición: Unha experiencia única
A exposición contará con dúas propostas visuais impactantes que farán desta unha experiencia memorable para todos os que se acheguen:
- A gran bandeira da Resiliencia: Unha imaxe impresionante de máis de 30 metros de lonxitude, onde se amosan os 700 debuxos realizados polos participantes, representando historias de resiliencia e empatía. Esta bandeira será un símbolo visible da forza da comunidade.
- A Exposición de Zapatos: En paralelo á mostra artística, haberá unha instalación na rúa para concienciar aos visitantes sobre a importancia de poñerse nos zapatos dos demais, un recordatorio visual e emocional da empatía e do respecto mutuo. Queren convidar aos visitantes a reflexionar sobre a súa capacidade de cambiar a súa perspectiva e comprender as vivencias doutros.
A exposición estará aberta ao público de 10:30 h a 18:00 h o 25 de abril de 2025 na Senda Verde (xusto antes do Parque da Riouxa), e será unha oportunidade única para que todos os asistentes poidan desfrutar dunha manifestación artística inclusiva e transformadora.

Se desexa confirmar a súa asistencia ou ten algunha dúbida, non dubide en contactar a través de:
- Teléfono: 637 167 178
- Correo electrónico: coordinador.inclusion@fundaciondasantacruz.org
Máis
Hora
25 abril, 2025 10:00 - 18:00(GMT+02:00)
Localización
Senda Verde
Avenida de Galicia, 214-220, Teis, 36216 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual