REVISTA ABRIL

14feb21:00El Último CiclistaCONCERTOS | Desde 9,00 €21:00(GMT+01:00) Radar Estudios

Detalles do eventos

Gabrulo García compuxo, durante meses, unha canción por semana. Reuniu as suficientes para traballar con elas durante un tempo e, tras descartar a metade, quedou cos 12 temas que hoxe conforman ‘Tomando este camino’, o seu primeiro disco.

É un traballo cociñado a lume lento, sen expectativas previas nin esixencias temporais; un disco que nace á vez que o proxecto músical, que parte de cero sen, inicialmente, ninguén alén. Ninguén esperaba nada, o que permitiu a Gabrulo García falar desde a máis absoluta sinceridade.

El Último Ciclista non ten outro obxectivo máis que xerar comunidade, e ‘Tomando este camino’ non pretende máis nada que ser un espazo de encontro para os demais. Pasen. Póñanse cómodos e déixense levar. Gozar de temas que acompañan, que teñen o ritmo dos seus días; dunha paisaxe con elementos que din cousas; de personaxes que nos guían nesa procura da verdade.

Doce cancións hermanadas por un son relaxado, coa simplicidade a flor de pel e arroupadas baixo unha instrumentación clásica. Un destape de composicións con aires de monte e montaña. E é que nesta viaxe polos temas de Gabrulo García recoñécese a súa bagaxe, as súas influencias iberoamericanas; a música rioplatense, a cultura popular uruguaia, o rock arxentino… Todo iso dota a El Último Ciclista de identidade, cunha linguaxe propia e un estilo persoal moi recoñecible.

El Último Ciclista necesitaba un pelotón e Gabrulo García entende tocar como un xogo que resulta máis sinxelo con compañeiros que comparten a idea; así, contactou con músicos da escena local para montar unha banda e terminou xuntando un equipo candidato a liderar calquera clasificación. Con Julián Seijas no baixo, Pablo Leira na guitarra/ teclados, Sergio M. Puga na batería e Ale González aos teclados, o directo de El Último Ciclista pasa a ser unha cita ineludible #ante calquera oportunidade de gozalo.

Unha boa oportunidade para facelo chega este venres, 14 de febreiro, en Sala Radar Estudos de Vigo. A partir das 21 horas e coa banda ao completo, o concerto é unha cita imperdible na que deixarse levar e deixarse sentir; porque o directo é o espazo de encontro definitivo, o lugar no que sucede a maxia.

Entradas

Máis

Hora

14 febreiro, 2025 21:00(GMT+01:00)

Localización

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events