VIALIA
ARRIBADA

'El show de Mickey, el Musical'

08feb18:30'El show de Mickey, el Musical'PEQUERRECHOS| 14,00 €18:30(GMT+01:00) Teatro Salesianos

Detalles do eventos

Un divertido e emocionante espectáculo cheo de aventuras, cancións e bailes, da man de Mickey Mouse, para envolverte na maxia dun musical interactivo. Cun gran repertorio de cancións Disney e os mellores personaxes das películas!

Na casa de Mickey Mouse todo é alegría: Mickey, Goofy e Donald bailan e cantan sen parar, ata que… Sorpresa! Mickey atopa unha varita de mago, que ten o poder de facer aparecer a grandes personaxes como Elsa, Anna e Olaf, que che farán cantar coas súas mellores cancións; ou como Bella, Bestia e Lumiere, que che farán gozar dun gran festín. Ademais, aparecerán outros personaxes como Ariel e Sebastian, Mirabel e Isabela, Campanilla, Coco ou Vaiana.

Decorados, efectos especiais de luz, burbullas e fume, e coidadísimos vestiarios, visuais e con luces, acompañarán este musical con voces en directo para levarte a un mundo cheo de ilusión.

Un espectáculo homenaxe para todas as idades, interpretado por 4 artistas en numerosos personaxes.

Duración: 75 minutos.

Despacho de billetes media hora antes do espectáculo: 2€ máis por entrada.

Para os menores de 2 anos non é obrigatorio quitar entrada, pero non teñen dereito a localidade.

Entradas na ligazón https://eventosdindon.com/evento/40362-vigo—el-show-de-mickey-el-musical

Máis

Hora

8 febreiro, 2025 18:30(GMT+01:00)

Localización

Teatro Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events