
Detalles do eventos
Coloquio coa artesá Elena Ferro na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Elena Ferro pertence á terceira xeración dunha familia especializada na
Detalles do eventos
Coloquio coa artesá Elena Ferro na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
Elena Ferro pertence á terceira xeración dunha familia especializada na elaboración de zocos de madeira que data do ano 1915. Coa súa marca Eferro logrou transformar a mentalidade respecto a un produto asociado ao rural e ao traballo do campo, agora empregados como complemento de moda con deseños e cores arriscadas, engadindo un elevado grao de innovación a un produto tradicional. Elena gañou diversos premios e recoñecementos, entre os que se pode destacar o Premio de Artesanía Antonio Fraguas 2010 ou o Premio Nacional de Artesanía 2019.
Presentado por Pepe Pereira (mestre de Artesanía en coiro da EMAO)
3 de marzo de 2023 ás 19:00h
Entrada libre ata completar aforo
Máis
Hora
3 marzo, 2023 19:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual