
Detalles do eventos
O futuro dos museos en comunidades en constante cambio. Neste 2025, o MARCO celebra o Día Internacional dos Museos (18 de maio)
Detalles do eventos
O futuro dos museos en comunidades en constante cambio.
Neste 2025, o MARCO celebra o Día Internacional dos Museos (18 de maio) cun programa especial de actividades para distintos públicos, que se desenvolverá do xoves 15 ao domingo 18 de maio.
- Xoves 15 de 9:30 a 13:40 horas. Xuntanza de Bibliotecas, Arquivos e Centros de documentación. Xornada técnica para profesionais de Bibliotecas, arquivos e centros de documentación. Inscrición: centro.documentacion@marcovigo.com
- Venres 16 de 17:00 a 20:30 horas. Xornada sobre Pedagoxía e Sociedade. Inscrición: https://n9.cl/nndpo
- Sábado 17 de 12:00 a 13:45 horas. Celebración do Día das Letras e o Día dos Museos dun xeito singular. O panóptico do Museo será o escenario de gravación de Efervesciencias, o programa da Radio Galega conducido por Manuel Vicente, nunha sesión aberta ao público que une o potencial dos avances tecnolóxicos coa innovación e a enerxía da mocidade. Inscrición: info@lumes.gal
- Paralelamente, no Espazo Anexo (Laboratorio das Artes), o obradoiro para público infantil Falamos en chinés? xirará ao redor da mostra de Alfonso Galván, recentemente inaugurada no 1o andar. De 11.00 a 12.30 (de 3 a 6 anos) e de 12.30 a 14.00 (de 7 a 12 anos). Inscrición: recepcion@marcovigo.com
- Finalizan a fin de semana o domingo 18 de 12:00 a 13:30 horas, cunha actividade de Ciencia en familia conducida por Estíbaliz Espinosa del Río. Inscrición: info@lumes.gal
Máis
Hora
17 maio, 2025 11:00 - 12:30(GMT+02:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Other Events