16mai19:30Día das Letras Galegas: Pandereteiras de A BuxainaCONCERTOS | De balde19:30(GMT+02:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Detalles do eventos

Este ano, para celebrar o Día das Letras Galegas —dedicado ás Cantareiras—, desde a biblioteca Neira Vilas organizan un serán moi especial co Grupo de Pandeireteiras A Buxaina. Convidan a todas as persoas a compartir unha tarde de música, baile e tradición.

As Pandeireteiras de A Buxaina naceron en 1985 como parte do grupo de baile co mesmo nome. A partir de 1995 comezaron a actuar de maneira independente, levando a nosa música tradicional por diferentes escenarios. Coa dirección de Margó Gaioso Lago, o grupo incorporou novas técnicas vocais e outros instrumentos de percusión tradicional, como o pandeiro ou a pandeira.

O seu repertorio baséase na recuperación de pezas aprendidas das persoas maiores nas aldeas, mantendo viva a nosa memoria colectiva. Ao longo da súa traxectoria, A Buxaina recibiu recoñecementos como o primeiro premio no Certame Interritmos ou a súa participación no Festival de la Luz.

Máis

Hora

16 maio, 2025 19:30(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events