VIALIA
GIRANDO POR SALAS

03abr10:0003mai21:00'Debuxando con tesoiras'ARTE E MUSEOS | De balde10:00 - (maio 3) 21:00(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

Aida Alonso ilustra , debuxando con tesoiras e pintando con papeis de diferentes cores e texturas. Xoga coas sombras que proxectan, buscando certa tridimensionalidade, para crear as ilustracións finais.

Entende a ilustración como un espazo de observación, exploración, xogo e reflexión onde todo o que imaxines é posible. Unha maneira de ordenar pensamentos, emocións e sensacións, buscando a poética de transmitir máis aló da palabra.

Neste proceso de creación tan manual, sinte que algo se perde cando dixitalizamos as ilustracións orixinais para a súa reprodución. Por iso comparte a parte gráfica pura que narra sen palabras a historia de “Pedro, o piloto de gaivotas”, un libro escrito por Manuel Darriba e editado por Belagua. O texto e as imaxes se funden para tratar a diversidade e a inclusión, trasladando dúas grandes mensaxes: que todas as persoas, nalgún momento da vida, dependemos dos demais e debemos coidarnos mutuamente; e que todas merecemos unha vida digna e feliz.

Máis

Hora

3 abril, 2025 10:00 - 3 maio, 2025 21:00(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events